Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 27 de maio

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 27 MAIO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 27 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 10 casos activos, dous menos que fai 24 horas. O Pino sitúase con 11 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Boimorto e Touro sitúanse entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín conta con 24 afectados, cuatro menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide sitúase con 17 casos activos, un máis que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

270 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE