Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 27 de agosto

Continúa a escalada de afectados na maior parte dos concellos das comarcas, o caso máis preocupante e o de Melide que se pon en só 7 días preto dos 100 casos activos


IsmaelRS/Xeral

VENRES, 27 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 27 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os municipios das comarcas volven ter casos de Covid-19. Contamos con tres municipios no nivel medio (Monterroso, Silleda e Touro) e os 14 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Touro atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados. Boimorto ten 13 casos activos, dous máis que fai 24 horas; O Pino teñen 14 casos activos, un caso máis que onte. Pola súa parte Arzúa sitúase con 31 casos, nove máis que onte.


Na comarca dezana todos os municipio teñen casos Covid, Dozón sitúase nunha escala entre 1-9 afectados. Agolada teñen 18 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Rodeiro conta con 4 casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 43 afectados, sete máis que fai 24 horas; Silleda ten 32 casos activos, e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques están nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. Pola súa parte Melide pasa a ter 97 casos, 16 casos máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 27 casos, seis casos máis que onte, mentres que Palas de Rei sitúase con 20 afectados, seis máis que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca. Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Agolada, Boimorto, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro e Silleda son casos activos

Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións nos municipios de Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, A Coruña, Arteixo, Betanzos, Cee, Miño, Sada, Camariñas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Pontedeume, Cabanas, Ares, Rábade, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Grove, Meis, Bueu, Pontecaldelas, Redondela, Tui, Vigo, Arbo, As Neves, Nigrán, Tomiño, O Rosal, Ponteareas e A Cañiza.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Zas, Coirós, Corcubión, Carballo, Carral, Cerceda, Abegondo, Coristanco, Curtis, Ponteceso, Oza-Cesuras, A Laracha, Cambre, Culleredo, Oleiros, Cariño, Fene, Narón, Neda, Ferrol, Ames, Ribeira, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela, Boiro, Silleda, Touro, Santa Comba, Trazo, Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Barreiros, Ribadeo, Viveiro, Avión, Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Coles, Verín, A Lama, Portas, Cambados, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Gondomar, Salvaterra do Miño, Cangas, Moaña, Mos, Salceda de Caselas, Mondariz, Pazos de Borbén, Baiona, O Porriño e A Guarda.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Cribado en Arzúa:

Cribado en Agolada:

Cribado en Boimorto:

Cribado en Lalín:

NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DE MAÑÁ SÁBADO 28 DE AGOSTO: https://www.ecosdacomarca.com/post/melide-volve-ao-nivel-alto-de-restricións-a-partir-deste-próximo-sábado

441 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE