top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 25 de novembro

Contamos nas Comarcas con oito concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Boimorto, O Pino, Palas de Rei, Santiso, Silleda, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

VENRES 25 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con oito concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Boimorto, O Pino, Palas de Rei, Santiso, Silleda, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con tres concellos libres de casos activos, é o caso de Boimorto, O Pino e Touro. Pola súa parte Arzúa sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Silleda e Vila de Cruces. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 casos activos, un máis que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Santiso. Pola súa parte Melide, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Por último, na comarca da Ulloa, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Palas de Rei. Pola súa parte Antas de Ulla e Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page