Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
VENRES 24 XUÑO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 24 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 18 afectados, dous máis que fai 24 horas. O Pino sitúase con 13 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte Touro conta con 10 afectados, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 15 afectados, un máis que onte. Lalín conta con 49 afectados, un máis que fai 24 horas. Silleda conta con 21 afectados, tres menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 16 afectados, un máis que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 31 afectados, dous menos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Comments