top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 24 de setembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos con seis municipios libres de covid: Boimorto, Dozón, Rodeiro, Santiso, Touro e Toques, dende hoxe únese a esta lista o municipio de Rodeiro. Todos os municipios das comarcas están no nivel medio-baixo.


IsmaelRS/Xeral

VENRES, 24 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 24 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con seis municipios libres de covid: Boimorto, Dozón, Rodeiro, Santiso, Touro e Toques. Todos os municipios das comarcas están en nivel medio-baixo.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, hai un único municipio libre de covid: Boimorto e Touro, dende onte únese a esta lista o municipio de Boimorto. Pola súa parte Arzúa e O Pino atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezana contamos con dous municipios libre de casos Covid, é o caso de Dozón e Rodeiro, este último únese dende hoxe a esta lista. Agolada segue con 1 caso activo tal como informou o concello onte pola mañá, pola súa parte Lalín, Silleda e Vila de Cruces están nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide hai dous municipios libres de casos: Santiso e Toques. Melide e Sobrado dos Monxes están nunha escala entre 1 a 9 contaxios dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas atópase nunha escala entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel medio será de obrigado cumprimento no municipio de Monforte de Lemos.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page