Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Arzúa, Lalín, Melide, O Pino e Silleda
IsmaelRS/Xeral/ACTUALIZACIÓN 21:30 HORAS
VENRES, 23 XULLO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 37 casos, un máis que fai 24 horas, O Pino ten en 16 afectados, un máis que fai 24 horas, Boimorto e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.
Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, tal e como confirmou este venres o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai tres casos activos, un máis que hai 24 horas. Un dos afectados recibiu a alta, pero sumáronse hoxe dous novos contaxios. Rodeiro, segundo o Sergas, está entre 1 e 9, pero o martes pola tarde o alcalde, Rubén Quintá, especificou que hai catro casos activos. "Ollo! Que non se pense que só é algo que afecta a quen non está vacinado. Os casos destes días son case todos de veciños que recibiron a pauta completa da vacina", recalca Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 32 afectados, dous máis que onte. E Silleda ten 37 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apuntan dende o Concello, tres máis que fai 24 horas.
A comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos, Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos. O Sergas indica que Melide ten 54 afectados, dous máis que fai 24 horas, Toques ten 10 afectados, e pola súa parte Sobrado dos Monxes atópase nunha taxa entre 1-9 afectados.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte o municipio de Monterroso pasa a situarse con 16 casos covid, catro máis que fai 24 horas e Palas de Reis con 11, os mesmos que onte.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, O Pino, Silleda e Rodeiro son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:
Nivel alto de restricións para os concellos de Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras.
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Ribadavia, Sarria, Sanxenxo, Poio, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis e Salceda de Caselas.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DE MAÑÁ SÁBADO 24 DE XULLO:
Comments