Contamos con quince municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón,Lalín, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques. Dende hoxe súmase a esta lsita o municipio de Lalín
IsmaelRS/Xeral
VENRES 22 OUTUBRO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 22 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con quince municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Lalín, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.
COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio están libres de covid: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
Na comarca dezá contamos con cinco municipios libres de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón, Lalín, Silleda e Rodeiro. Pola súa parte Vila de Cruces está nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varias xornadas.
Na comarca Terra de Melide contamos con tres municipios libres de casos: Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra o municipio de Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
Comments