Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 21 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 21 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 142 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 41 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 132 casos, tres máis que onte. Pola súa parte Touro ten 65 casos activos, seis máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 22 positivos, un menos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 36 afectados, cinco máis que fai 24 horas. Lalín conta con 700 afectados, 41 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 35 casos activos, un menos que fai 24 horas. Silleda conta con 195 casos activos, 16 máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 103 casos activos, un máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 187 casos activos, oito máis que na xornada de onte. Santiso ten 24 casos activos, seis máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 50 afectados, oito máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 33 casos activos, dous máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 24 casos activos, dous máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 98 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 47 casos activos, un máis que na xornada de onte.


1309 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE