top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 19 de febreiro

Segue habendo un descenso e boa parte dos municipios sitúanse cunha taxa de entre 1 e 9 afectados


Laura Moure

VENRES 19 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Os casos coronavirus tenden á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, venres 19, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla e Santiso non rexistran novos afectados e gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Pero é necesario seguir tomando todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.


Na comarca arzuana tenden á baixa: Arzúa pasa de 42 a 31, un descenso importante con respecto a hai 24 horas e O Pino, Touro e Boimorto seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados. Lalín, segundo o Sergas, baixa de 49 a 45; Silleda, tal e como informou o Concello pola tarde, ten 39 casos activos, dous menos ca onte; Vila de Cruces descende de 14 a estar cunha taxa de entre 1 e 9 e nesta escala segue tamén Agolada.


Na comarca Terra de Melide, tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso, hoxe segundo o Sergas, non se detectou ningún novo caso.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos novos, Monterroso segue cun rango de entre 1 e 9 e en Palas de Rei descense de 11 a estar tamén entre 1 e 9 enfermos.

Foto: Ecos da Comarca

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page