top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 18 de novembro

Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes e Toques


IsmaelRS/Xeral

VENRES 18 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes e Toques.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con casos activos. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Agolada e Silleda. Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 casos activos, os mesmos que onte.


Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libre de casos activos, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Antas de Ulla. Pola súa parte Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page