Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
VENRES 17 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 17 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte Arzúa, sitúase con 17 casos activos, un máis que na xornada de onte. Boimorto e Touro teñen 10 casos activos.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Agolada ten tres positivos, segundo confirmou o concello hoxe pola mañá. Silleda conta con 19 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 60 afectados, oito máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 10 casos activos, dous máis que na xornada de onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte o municipio de Melide, sitúase con 16 casos activos, os mesmos que na xornada de onte.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 10 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Mentres que os municipios de Monterroso e Palas de Rei, sitúanse con 13 casos activos.

コメント