top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 16 de xullo

Son catro os municipios libres de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Lalín e Silleda en ambos municipios se supera a vintena de casos



IsmaelRS/Xeral

VENRES, 16 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son catro os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes e Boimorto. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto é único municipio de esta comarca que se encontra libre de coronavirus. Mentres que Arzúa, O Pino e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, segundo a información do Sergas, está nunha taxa entre 1 e 9 contaxios, pero segundo informan dende o concello son 3 os casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 25 afectados, onte eran 22 os casos activos, hoxe son tres máis. E Silleda sube a 27 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apunta o Sergas, tres máis que fai 24 horas.


A comarca Terra de Melide están libres de Covid Santiso e Sobrado dos Monxe e Toques non teñen ningún caso dende hai días e o Sergas indica que Toques e Melide se atopan nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada, Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Cambados.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Salceda de Caselas, Ribadavia, Barbadás, Ourense, Redondela, Pontevedra, Marín, Poio, Caldas de Reis e Culleredo.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DESTE SÁBADO 17 DE XULLO

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page