Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques
IsmaelRS/Xeral
VENRES 16 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con casos activos, é o caso de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro, dende fai varios días.
Na comarca dezá, contamos cun só concello libre de casos, é o caso de Dozón. Pola súa parte Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos cun só concello libre de casos, é o caso de Antas de Ulla. Pola súa parte Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Comments