Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 15 de xullo
- IsmaelRS
- 15 jul 2022
- 1 Min. de lectura
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
VENRES 15 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 12 afectados, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte O Pino sitúase con 14 afectados, un menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 41 afectados, oito menos que fai 24 horas. Silleda conta con 18 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 10 afectados, dous menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 16 afectados, dous máis que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Monterroso conta con 10 afectados, dous menos que onte.

Comments