top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 14 de xaneiro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 14 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 88 casos activos, sete máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 40 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. O Pino ten 100 casos, tres menos que onte. Pola súa parte Touro ten 48 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 32 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 17 afectados, tres menos que fai 24 horas. Lalín conta con 491 afectados, 22 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 41 casos activos, os mesmos que fai 24 horas, tal como informaou onte o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 133 casos activos, un menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 87 casos activos, catro menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 152 casos activos, nove máis que na xornada de onte. Santiso ten 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 23 afectados, cinco máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 25 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 16 casos activos, un máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 76 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 41 casos activos, os mesmos que na xornada de onte.


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page