Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, Silleda, Rodeiro, Toques e Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
XOVES 15 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, Silleda, Rodeiro, Toques e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Arzúa e Boimorto. Pola súa parte O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca dezá, contamos con catro concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada e Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca Terra de Melide, contamos con un só concello libre de afectados, é o caso de Toques. Pola súa parte Melide e Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla e Monterroso. Pola súa parte Palas de Rei sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Comments