Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 14 de maio

Hai 8 municipios libres de coronavirus, catro menos dende que comenzou a semana e sobre todo a situación é preocupante en Lalín, que supera os 30 casos activos.


IsmaelRS/Xeral / ACTUALIZACIÓN 18:35

VENRES, 14 MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son 8 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda e Lalín que superan estes valores.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana, Dozón, Agolada e Vila de Cruces están libres de coronavirus desde hai días. O muncipio de Rodeiro tras estar libre do virus durante varias semana pasa a estar nunha taxa entre 1-9 casos. Mentres a situación é preocupante en Lalín e Silleda aínda que os afectados están en liña descendente. Hoxe venres, os casos activos en Lallín son 29, catro menos que fai 24 horas, según informan dende o consistorio. E Silleda, tal e como informou o Sergas, son 10 casos activos. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, agás Lalín e Silleda están no nivel medio.


Na comarca Terra de Melide Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide e Santiso, sitúase con nunha taxa entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Melide e Santiso que está no nivel medio.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla é o ínico que está libre de Covid, mentres que Palas de Rei e Monterroso sitúase nunha escala de entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello. Así a relación de municipios en cada nivel son:

  • No nivel máximo están Cambados, Laza e Padrón. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 23:00 horas para os bares e ás 1:00 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín,Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga. O peche dos bares é ás once da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás 1:00 horas.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 23:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 1:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.


184 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE