Son tres os municipios libres de coronavirus, un menos que fai 24 horas e polo xeral, baixan os afectados en todos os concellos
Laura Moure/Xeral
VENRES, 13 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son tres os municipios sen ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón e Santiso porque Toques volve ter algún afectado. Contamos cun municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Melide e Palas de Rei) e tres no nivel medio (Arzúa, Silleda e Touro) e os 11 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa mantense con 12 casos, O Pino ten 14 afectados, un máis que onte, Touro rexistra 23 afectados, dous menos que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.
Na comarca dezana hai dous municipios libres de Covid: Agolada e Dozón. Rodeiro conta con 16 casos activos, tal e como informou onte pola tarde o alcalde, Rubén Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 25 afectados, unha decena menos ca onte; Silleda sube a 37 casos activos, tres máis que fai 24 horas, tal e como informou hoxe o Concello e pola súa parte, Vila de Cruces continúa con18 afectados.
Na comarca Terra de Melide hai un só municipio libre de casos: Santiso porque Toques, volve estar nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. O Sergas indica que Melide ten 24 afectados, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Sobrado dos Monxes encontrase entre 1 e 9 casos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso baixa a 15 casos, tres menos que fai 24 horas e Palas de Reis rexistra 18, un menos que fai 24 horas.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:
Nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo.
Nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DE MAÑÁ 14 DE AGOSTO:
Comments