top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 12 de agosto

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Dozón e Palas de Rei


IsmaelRS/Xeral

VENRES 12 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Dozón e Palas de Rei.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Agolada e Dozón. Pola súa parte Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide todos os concellos teñen afectados. Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Palas de Rei. Pola súa parte Antas de Ulla e Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

 
 

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page