Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 11 de xuño

Hai 11 municipios libres de coronavirus, todos encóntranse no nivel mínimo restricións


IsmaelRS/Xeral

VENRES, 11 XUÑO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son 11, os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa e O Pino. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, o municipio de Arzúa e O Pino non rexistra ningún caso, mentres que Boimorto e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces non teñen ningún caso dende hai días. E Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten entre 1 e 9 casos, tal e como informou o Sergas. Sen embargo, Lalín segue con dous, tal e como informou antonte o alcalde José Crespo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes non teñen ningún caso, mentres que Melide e Toques teñen algún afectado. Todos están no nivel máis baixo de limitacións.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso atópanse libres de Covid, pola súa banda Palas de Rei ten algún contaxio. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Nivel de restricións na Comunidade Autónoma de Galicia

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordaron este martes o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal.


Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ordes e Viveiro. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos. No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.


Cabe mencionar que desde hai semanas o comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.

99 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE