Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 11 de febreiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 11 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 83 casos activos, un menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 22 casos activos, catro menos que fai 24 horas. O Pino ten 118 casos, cinco menos que onte. Pola súa parte Touro ten 39 casos activos, dous menos menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 11 positivos, tres menos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 13 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Lalín conta con 389 afectados, dous menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 12 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Silleda conta con 208 casos activos, 18 menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 76 casos activos, catro máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 114 casos activos, dous máis que na xornada de onte. Santiso ten 18 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 32 afectados, un menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 18 casos activos, seis máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 40 casos activos, un máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 84 casos, tres menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 40 casos activos, un menos que na xornada de onte.


596 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE