Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 1 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 1 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 1 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 18 casos activos, nove menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. O Pino ten 16 casos, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro ten 10 casos activos, tres menos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada e Dozón sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 40 afectados, 19 menos que onte. Silleda conta con 30 casos activos, un máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 10 casos activos, catro menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 37 casos activos, tres máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 28 casos activos, un menos que onte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 18 casos, un máis que fai 24 horas. Palas de Rei sitúanse con 15 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos dende fai varias semanas.


376 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE