Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 08 de xullo
- IsmaelRS
- 8 jul 2022
- 2 Min. de lectura
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
VENRES 08 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 08 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 24 afectados, cuatro menos que fai 24 horas. O Pino sitúase con 17 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte Touro conta con 11 afectados, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 20 afectados, tres máis que onte. Lalín conta con 51 afectados, seis máis que onte. Silleda conta con 37 afectados, cinco máis que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 27 afectados, dous menos que onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Melide conta con 26 afectados, tres menos que fai 24 horas. Santiso conta con 10 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 11 afectados, dous menos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Monterroso conta con 20 afectados, tres máis que onte. Pola súa parte Palas de Rei conta con 11 afectados, dous menos que fai 24 horas.

Comments