Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 06 de maio

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 06 MAIO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 06 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 21 casos activos, un máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. O Pino sitúase con 18 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 14 casos activos, tres menos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 65 afectados, dous menos que fai 24 horas. Silleda conta con 25 casos activos, dous máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 11 casos activos, dous máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 45 casos activos, tres menos que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 18 casos activos, tres máis que onte. Monterroso sitúase con 21 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 26 casos activos, tres máis que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

416 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE