top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 06 de agosto

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas. Hoxe o municipio que máis casos rexistra é para Sobrado dos Monxes con catro novos contaxios


IsmaelRS/Xeral

VENRES, 06 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 06 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Contamos con un municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Arzúa e Melide) e dous no nivel medio (Silleda e Toques) e os 12 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 16 casos, un menos que fai 24 horas, O Pino ten 35 afectados, tres menos que fai 24 horas, Touro ten 21 afectados, dous máis que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón porque Rodeiro ten dez casos activos, tal e como informou este mércores pola tarde o alcalde, Rubén Quintá. En Agolada, tal e como confirmou onte o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai un único caso activo; Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 42 afectados, un menos que onte, tal e como informan hoxe dende o consistorio; Silleda ten 32 casos activos, un máis que fai 24 horas e pola súa parte Vila de Cruces rexistra 15 afectados, un menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos: Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos; o Sergas indica que Melide ten 53 afectados, un máis que fai 24 horas. Toques contabiliza entre 1-9 afectados, os mesmos ca onte, e pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 13 casos activos, catro máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. En concreto o Concello indicaba antonte que hai dez contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso sitúase con 46 casos de Covid, seis menos que fai 24 horas. E Palas de Reis rexistra 35, os mesmos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Boiro, O Barco de Valdeorras, Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

  • Nivel alto de restricións en 48 municipios. Nomeadamente nos concellos da Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, As Pontes, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, Porriño, Redondela, Ribadumia, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Arzúa, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguinte 52 concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Noia, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Ribadavia, Sada, San Cibrao das Viñas, Sarria, Silleda, Teo, Tui, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, Brión, A Capela, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Padrón, Pontedeume, Rianxo, Toques, Valdoviño, Barreiros, Rábade, O Valadouro, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Barro, A Cañiza, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves e Vilaboa.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DE MAÑÁ SÁBADO 07 DE AGOSTO:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page