Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Monterroso, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques
IsmaelRS/Xeral
VENRES 05 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 05 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Monterroso, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Na comarca dezá só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Dozón. Agolada, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días. Pola súa parte Lalín conta con 10 afectados, catro menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide temos tres concellos libres de afectados, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Monterroso. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Comments