Hai nove municipios libres de coronavirus todos encóntranse no nivel mínimo restricións
Ecos da Comarca/Xeral
VENRES, 04 XUÑO
Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 04 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son nove os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei e O Pino. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, o municipio de O Pino non rexistra ningún caso, mentres que Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.
Na comarca dezana casi todos os municipios a excepción de Agolada e Dozón contan con algún caso de coronavirus. Os muncipios de Vila de Cruces e Rodeiro sitúanse cunha taxa de entre 1 e 9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días, tal e como indica o Sergas. E Lalín e Silleda segundo a incidencia acumulada a 14 días teñen entre 1 e 9 casos. En concreto, Silleda ten catro casos activos, como indicou o Concello, e Lalín, ten seis, tal e como informou onte o alcalde José Crespo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.
Na comarca Terra de Melide Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide, sitúase nunha taxa entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.
Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei atópanse libres de Covid, é a única comarca das catro que todolos municipios están libre de Covid.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.
Limitacións por concello As novas limitación por concello son as seguintes:
Nivel máximo de restricións está o concello de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos.
Nivel alto: Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro.
Nivel medio de limitacións están os municipios de Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte.
Resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.
O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.
Novos cambios a partir de mañá sábado 05 de xuño
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordaron este martes o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal.
Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ordes e Viveiro.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos. No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 5 de xuño.
Comentarios