top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 04 de novembro

Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Palas de Rei, Rodeiro e Touro


IsmaelRS/Xeral

VENRES 04 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 04 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Palas de Rei, Rodeiro e Touro.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Boimorto e Touro. Pola súa parte Arzúa e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Dozón e Rodeiro. Pola súa parte Agolada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide, todos os concellos contan con casos. Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page