Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
VENRES 04 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 04 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 57 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto sitúase dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos, seis menos que fai 24 horas. O Pino ten 19 casos, un menos que onte. Pola súa parte Touro ten 10 casos activos, un menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 147 afectados, 12 máis que na xornada de onte. Silleda conta con 68 casos activos, oito máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 33 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 62 casos activos, 14 menos que na xornada de onte. Santiso e Toques sitúase dende onte nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase con 10 afectados, seis menos que onte.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos.

Comments