top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 03 de setembro

Comeza a desescalada de afectados, o caso máis preocupante segue a ser o de Melide que está por riba dos 120 casos

IsmaelRS/Xeral/ACTUALIZACIÓN 17:00 HORAS

VENRES, 03 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 03 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os municipios das comarcas teñen casos de Covid-19. Contamos con un municipio no nivel alto (Melide) e outro no nivel medio (Silleda) os 15 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Touro atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados. Boimorto ten 16 casos activos, os mesmos que fai 24 horas; O Pino teñen 27 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Arzúa sitúase con 48 casos, un máis que fai 24 horas.


Na comarca dezana todos os municipio teñen casos Covid, Dozón sitúase nunha escala entre 1-9 afectados. Agolada ten 23 casos activos, tal e como informou pola tarde o Concello e Rodeiro conta con 4 casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 50 afectados, catro menos que fai 24 horas; Silleda ten 23 casos activos, un menos que onte e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Sobrado dos Monxes está nunha escala de entre 1 a 9 contaxios; Toques conta con 13 casos activos. Pola súa parte Melide pasa a ter 124 casos, os mesmos que fai 24 horas, e Santiso sitúase con 14 afectados, un máis que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas ten 10 contaxios, un menos que na xornada de onte. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 38 casos, un caso menos que onte, mentres que Palas de Rei sitúase con 30 afectados, un máis que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, Boimorto, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso e Silleda son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Ordes e Monforte de Lemos.

  • Nivel alto na provincia da Coruña, os municipios de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda, Pontedeume, Ares, Cariño, Melide e Trazo; en Lugo os de Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober; na provincia de Ourense os municipios de O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo e A Rúa; e, na provincia de Pontevedra estarán Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Nigrán, O Rosal e A Cañiza.

  • Nivel medio na provincia da Coruña, os municipios de A Coruña, Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Ponteceso, Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño, Fene, Narón, Cabanas de Bergantiños, Mugardos, Ferrol, Rianxo, Boiro, Santa Comba, Oroso, Porto do Son e Santiago de Compostela; en Lugo os de Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte; na provincia de Ourense os de Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín; e, na provincia de Pontevedra estarán A Lama, Marín, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu, Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén. O Porriño, Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Silleda, Tui e Tomiño.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

NOTICIAS RELACIONADAS: Novos niveis de restricións a partir de mañá, sábado 04 de setembro

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page