top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 02 de setembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos nas Comarcas con sete concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Dozón, Monterroso, Palas de Rei, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques


IsmaelRS/Xeral

VENRES 02 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 02 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con sete concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Dozón, Monterroso, Palas de Rei, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con afectados. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos só con un único concello libre de afectados, é o caso de Dozón. Pola súa parte Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos están libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page