Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 16 de abril

Son 12 os municipios que non rexistran novos contaxios nos últimos sete días, pero tres deles seguen tendo algún afectado segundo a incidencia acumulada a 14 días


Laura Moure

VENRES 16 ABRIL

Fonte: Ecos da Comarca.


Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Suben a 12 os municipios que non rexistran novos casos nas últimas sete xornadas: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Touro e O Pino, e hoxe súmase a esta listaxe Arzúa e Silleda, mentres que Melide volve rexistrar algún caso neste rango de tempo. Sen embargo, libres de coronavirus só son nove, porque Toques, Silleda e Arzúa seguen tendo algún afectado. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que supera a decena.

Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino e Touro non rexistran novos casos nos últimos sete díes. Hoxe tamén figura nesta lista Arzúa porque non tivo ningún novo afectado nestas últimas xornadas, pero sigue tendo algún contaxio porque a incidencia acumulada a 14 días é de entre 1 e 9 enfermos. Mentres Boimorto segue nunha escala de entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que desde este luns está no alto.

Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado e en Lalín ascenden de nove a 13 os casos activos. Vila de Cruces están nun rango entre 1 e 9 afectados, concretamente pasa de seis a nove casos activos. E Silleda, segundo a incidencia acumulada a sete días non ten ningún novo contaxio, pero a 14 días segue estando entre 1 e 9. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días. Tampoco hai novos afectados segundo a incidencia acumulada a sete días en Toques sen embargo, hai que recalcar que este municipio segue tendo algún contaxio e sitúase nun rango de 1 a 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días. Mentres, Melide volve estar nun rango de entre 1 e 9 contaxios. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis, mentres que Palas de Rei volve situarse entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello e que este luns entraron en vigor novas limitacións que afectan a algúns municipios. Así a relación de concellos en cada nivel son:

  • No nivel máximo están A Pobra do Caramiñal, O Grove e Carballeda de Valdeorras. A hostalaría está pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes.