Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 9 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 9 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 9 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 15 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 11 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte O Pino teñen 10 casos activo, os mesmos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 32 afectados, un máis que onte. Silleda conta con 22 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 17 casos activos, un menos que onte.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 16 casos activos, tres menos que onte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 25 casos, un menos que fai 24 horas. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


417 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE