Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 8 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 8 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 8 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 55 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 23 casos activos, catro máis que fai 24 horas. O Pino ten 66 casos, catro máis que onte. Pola súa parte Touro ten 47 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 23 positivos, dous menos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 11 afectados, dous máis que fai 24 horas. Lalín conta con 339 afectados, 22 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 40 casos activos, un menos que fai 24 horas, tal e como informa o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 106 casos activos, tres máis menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 89 casos activos, tres máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 105 casos activos, dous menos que na xornada de onte. Santiso ten 18 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 14 casos activos, os mesmos que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 12 casos activos, dous máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 55 casos, seis máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 42 casos activos, un máis que na xornada de onte.