top of page
Foto del escritorLaura Moure

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 5 de xuño

Hai oito, un menos ca onte, municipios libres de coronavirus e todos encóntranse no nivel mínimo restricións

Laura Moure/Xeral

SÁBADO, 5 XUÑO

Fonte: Ecos da Comarca


Un día máis seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 5 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son oito, un menos ca onte, os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso e O Pino porque Palas de Rei volve rexistrar algún contaxio. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e atópanse no nivel mínimo de restrincións.

Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, o municipio de O Pino non rexistra ningún caso, mentres que Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.



Na comarca dezana case todos os municipios a excepción de Agolada e Dozón contan con algún caso de coronavirus. Os concellos de Vila de Cruces e Rodeiro sitúanse cunha taxa de entre 1 e 9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días, tal e como indica o Sergas. E Lalín e Silleda segundo a incidencia acumulada a 14 días teñen entre 1 e 9 casos. En concreto, e segundo os últimos datos, Silleda ten catro casos activos, como indicou o Concello, e Lalín, seis, tal e como informou onte o alcalde José Crespo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide, sitúase nunha taxa entre 1 e 9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso atópanse libres de Covid, pero despois de días, Palas de Rei volve ter algún contaxio. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordaron este martes o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ordes e Viveiro. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos. No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entraron este sábado en vigor.


Cabe mencionar que desde hai semanas o comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page