Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 31 de xullo

Hai dous municipios libres de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas. A situación é máis preocupante en Melide e Monterroso


IsmaelRS/Xeral/ACTUALIZACIÓN 17:00 HORAS

SÁBADO, 31 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 31 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Onte eran dous municipios sen ningún caso de Covid-19: Dozón e Rodeiro, pero este sábado o Concello informou ao mediodía que xa volve haber un contaxio neste último municipio. Contamos con un municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Arzúa e Melide) e un no nivel medio (Silleda) e os 13 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 35 casos, dous menos que fai 24 horas, O Pino ten 37 afectados, os mesmos que fai 24 horas, Touro ten 11 afectados, dous máis que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libres de Covid: Dozón porque Rodeiro levaba uns días en casos, pero este sábado o alcalde, Rubén Quintá, anunciou que volver haber un afectado. xa que este último súmase dende onte a esta lista. Agolada, tal e como confirmou onte o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, segue tendo cinco casos activos; Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 42 afectados, catro máis que onte; Silleda tal e como apuntou onte pola tarde o Concello ten 34 casos e pola súa parte Vila de Cruces rexistra 13 afectados, un máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos: Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos; o Sergas indica que Melide ten 82 afectados, os mesmos que fai 24 horas, dende o concello hoxe indican: "O Concello de Melide solicitoulle a área sanitaria que valorase á realización dun cribado no noso concello para a detección de posibles asintomáticos". Toques contabiliza 10 afectados, dous menos ca onte, e pola súa parte Sobrado dos Monxes atópase nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. En concreto o Concello indicou este mércores que hai sete contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso pasa a situarse con 52 casos de Covid, un menos que fai 24 horas, dende o Concello hoxe indican: "Continuamos ca contención do brote actual que padece Monterroso pois a situación está estable xa que onte non houbo ningún positivo e nos últimos catro días só 3 positivos máis, a pesar das numerosas PCRs que se están a realizar. Durante estes días xa se están a dar altas polo que o número de casos activos vai a baixar moi considerablemente". E Palas de Reis rexistra 23, un menos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Boiro, O Barco de Valdeorras, Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo. .

  • Nivel alto de restricións en 48 municipios. Nomeadamente nos concellos da Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, As Pontes, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, Porriño, Redondela, Ribadumia, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo,