top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 30 de outubro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos con catorce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Vila de Cruces. Onte baixaba desta lista o municipio de Lalín


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 30 OUTUBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 30 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con catorce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Vila de Cruces.


COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio están libres de covid: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.


Na comarca dezá contamos con cinco municipios libres de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces. Pola súa parte Lalín sitúase dende onte nunha escala entre 1 e 9 afectados.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Santiso e Sobrado dos Monxes. Pola contra os municipios de Melide e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.



0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page