top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 30 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 30 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 30 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 26 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 15 casos activos, os mesmos que onte. O Pino sitúase con 17 casos activos, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 15 casos activos, os mesmos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 59 afectados, un menos que fai 24 horas. Silleda conta con 36 casos activos, dous máis que onte. Pola súa parte Rodeiro sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 58 casos activos, dous menos que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 18 casos activos, dous menos que onte. Monterroso sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 19 casos activos, tres máis que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page