Contamos con cinco municipios libres de covid: Dozón, Monterroso, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces. Dende hoxe baixa desta lista o municipio de Rodeiro
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO 27 NOVEMBRO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 27 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con cinco municipios libres de covid: Dozón, Monterroso, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio contan con casos activos de covid. Dende antonte Boimorto, volve contar con casos activos, despois de varias semanas libre. Pola súa parte Arzúa, O Pino e Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.
Na comarca dezá contamos con tres municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón e Vila de Cruces. Dende hoxe Rodeiro, volve contar con casos activos, e sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados. Agolada conta con dous positivos, tal e como informou antonte pola mañá o concello. Silleda conta con dezasete casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 14 afectados, dous máis que na xornada de onte.
Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra os municipios de Melide e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Por último, na comarca da Ulloa contamos cun único municipio libre de covid: Monterroso. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados.
Comments