Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO 26 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 26 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 54 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 16 casos activos, un menos que fai 24 horas. O Pino ten 29 casos, sete menos que onte. Pola súa parte Touro ten 26 casos activos, catro menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 190 afectados, 12 menos que na xornada de onte. Silleda conta con 70 casos activos, seis menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 65 casos activos, tres menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 114 casos activos, catro menos que na xornada de onte. Santiso ten 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 19 afectados, un menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 14 casos activos, dous menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 14 casos, tres menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 19 casos activos, catro menos que na xornada de onte.

Comments