top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 25 de setembro

Contamos con oito municipios libres de covid: Arzúa, Boimorto, Dozón, O Pino, Rodeiro, Santiso, Touro e Toques, dende hoxe únense a esta lista os municipios de Arzúa e O Pino. Todos os municipios das comarcas están no nivel medio-baixo.


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO, 25 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con oito municipios libres de covid: Arzúa, Boimorto, Dozón,O Pino, Rodeiro, Santiso, Touro e Toques. Todos os municipios das comarcas están en nivel medio-baixo.


COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, todos os municipio están libres de covid: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro, dende hoxe únense a esta lista os municipios de Arzúa e O Pino.


Na comarca dezana contamos con dous municipios libre de casos Covid, é o caso de Dozón e Rodeiro, este último únese dende hoxe a esta lista. Agolada segue con 1 caso activo tal como informou o concello antonte pola mañá, pola súa parte Lalín, Silleda e Vila de Cruces están nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide hai dous municipios libres de casos: Santiso e Toques. Melide e Sobrado dos Monxes están nunha escala entre 1 a 9 contaxios dende fai varias xornadas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas atópase nunha escala entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos municipios de Foz e O Barco de Valdeorras.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

*Entran en vigor hoxe

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page