Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

  • IsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 24 de xullo

Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso e Silleda


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO, 24 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 24 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 37 casos, os mesmos que fai 24 horas, O Pino ten en 15 afectados, un menos que fai 24 horas, Boimorto e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, tal e como confirmou este venres o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai tres casos activos, os mesmos que hai 24 horas. Un dos afectados recibiu a alta, pero sumáronse onte dous novos contaxios. Rodeiro, segundo o Sergas, está entre 1 e 9, pero o martes pola tarde o alcalde, Rubén Quintá, especificou que hai catro casos activos. "Ollo! Que non se pense que só é algo que afecta a quen non está vacinado. Os casos destes días son case todos de veciños que recibiron a pauta completa da vacina", recalca Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 36 afectados, catro máis que onte. E Silleda ten 37 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apuntan dende o Concello, os mesmos que fai 24 horas.


A comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos, Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos. O Sergas indica que Melide ten 58 afectados, catro máis que fai 24 horas, Toques ten 10 afectados, os mesmo que fai 24 horas, e pola súa parte Sobrado dos Monxes atópase nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte o municipio de Monterroso pasa a situarse con 28 casos covid, 12 máis que fai 24 horas e Palas de Reis con 11, os mesmos que onte.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, O Pino, Silleda e Rodeiro son os casos activos.