Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO 23 XULLO (DATOS DE ONTE)

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días. Pola súa parte O Pino sitúase con 10 afectados, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 12 afectados, catro menos que fai 24 horas. Pola súa parte Silleda conta con 13 afectados, os mesmos que onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide, Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Comments