Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 23 de Abril
- IsmaelRS
- 23 abr 2022
- 2 Min. de lectura
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO 23 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 21 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 18 casos activos, catro menos que onte. O Pino sitúase con 16 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 12 casos activos, dous máis que onte.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 55 afectados, oito máis que fai 24 horas. Silleda conta con 27 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 13 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 45 casos activos, tres máis que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 11 casos activos, dous máis que onte. Palas de Rei conta con 14 casos activos, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Commentaires