Hai un único municipio libre de coronavirus, un menos que fai 24 horas, hoxe baixa desta lista o municipio de Santiso. Continúa o descenso de afectados en case todos os concellos, só contamos con dous municipios por encima da vintena de casos
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO, 21 AGOSTO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hai un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Contamos con tres municipios no nivel medio (Monterroso, Silleda e Touro) e os 14 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa, Boimorto e O Pino atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados. Pola súa parte Touro rexistra 11 afectados, un menos que fai 24 horas.
Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón. Dende onte Agolada volve ter casos activos, e pasa a situarse nunha escala entre 1-9 afectados, en concreto dende o concello indican que son 4 os casos activos. Rodeiro conta con 2 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 25 afectados, un máis que fai 24 horas; Silleda ten 37 casos activos, un máis que fai 24 horas, o Concello de Silleda informa: "que tras o cribado levado acabo hoxe no centro de saúde, o que acudiron un total de 348 veciños e no que se detectou un único positivo", e Vila de Cruces con 11 afectados.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques están nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. Pola súa parte Melide pasa a ter 16 casos, sete casos máis que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas teñen entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 12 casos, os mesmos que onte.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín, Monterroso, O Pino, Rodeiro, Silleda, Touro e Vila de Cruces son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:
Nivel alto de restricións nos municipios de Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, A Coruña, Arteixo, Betanzos, Cee, Miño, Sada, Camariñas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Pontedeume, Cabanas, Ares, Rábade, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Grove, Meis, Bueu, Pontecaldelas, Redondela, Tui, Vigo, Arbo, As Neves, Nigrán, Tomiño, O Rosal, Ponteareas e A Cañiza.
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Zas, Coirós, Corcubión, Carballo, Carral, Cerceda, Abegondo, Coristanco, Curtis, Ponteceso, Oza-Cesuras, A Laracha, Cambre, Culleredo, Oleiros, Cariño, Fene, Narón, Neda, Ferrol, Ames, Ribeira, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela, Boiro, Silleda, Touro, Santa Comba, Trazo, Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Barreiros, Ribadeo, Viveiro, Avión, Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Coles, Verín, A Lama, Portas, Cambados, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Gondomar, Salvaterra do Miño, Cangas, Moaña, Mos, Salceda de Caselas, Mondariz, Pazos de Borbén, Baiona, O Porriño e A Guarda.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
*Entran en vigor hoxe
Yorumlar