Os casos seguen baixando de maneira xeral
Laura Moure
SÁBADO 20 FEBREIRO
Fonte: Ecos da Comarca
Os casos coronavirus seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, sábado 20, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla e Santiso non rexistran novos afectados e gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Pero é necesario seguir tomando todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.
Na comarca arzuana, Arzúa pasa de 31 a 24 con respecto a hai 24 horas e O Pino, Touro e Boimorto seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados.
Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos. Lalín, segundo o Sergas, baixa de 45 a 37;o Concello de Silleda informou pola tarde que ten 35 casos activos, catro menos ca onte e Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados.
Na comarca Terra de Melide, tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso, hoxe segundo o Sergas, non se detectou ningún novo caso tampouco.
Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos novos e Monterroso e Palas de Rei seguen cunha escala de entre 1 e 9 casos.
Fonte: Ecos da Comarca
Comments