top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 20 de novembro

Contamos con sete municipios libres de covid: Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces. Dende hoxe baixa desta lista o municipio de Touro


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 20 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 20 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con sete municipios libres de covid: Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos cun único municipio libre de covid: Boimorto. Dende hoxe Touro volve contar con casos activos. Pola súa parte Arzúa e O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos con tres municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta con un positivo, tal e como informou antonte pola mañá o concello. Silleda conta con once casos activos, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra os municipios de Melide e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa contamos cun único municipio libre de covid: Monterroso. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados.



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page