top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 20 de marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Son seis os concellos sen casos novos, un menos ca onte, porque se suma a esta listaxe Melide mentres que O Pino e Vila de Cruces volven rexistrar algún


Laura Moure

SÁBADO 20 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, sábado 20 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son seis, un menos ca onte, os municipios que non rexistran novos casos: Dozón, Rodeiro, Santiso, Arzúa, Toques e hoxe súmase a esta listaxe Melide, mentres que O Pino e Vila de Cruces volven contabilizar algúns casos. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Boimorto e Touro un día máis seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados e hoxe tamén volve estar neste rango O Pino. Mentres Arzúa segue sen contabilizan ningún novo caso. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado desde fai semanas; Lalín descende de 13 activos a oito e Silleda ten 38, xa que de momento non trascendeu a cifra exacta de hoxe. Cabe lembrar que gran parte dos contaxios neste municipio están na residencia de maiores onde se detectou un gromo a semana pasada. E Agolada sitúase cunha taxa de entre 1 e 9 afectados o igual que Vila de Cruces, que hoxe volte ter algún contaxio. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide, Sobrado dos Monxes segue cun rango de entre 1 e 9 afectados. Mentres que Santiso e Toques seguen sen contabilizar novos casos nos últimos sete días e hoxe tampouco se rexistra ningún en Melide. Aquí todos os concellos están no nivel baixo de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, na comarca da Ulloa, os tres municipios Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei seguen tendo entre 1 e 9 contaxiados. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Cabe recordar que o goberno galego estableceu catro novos niveis de limitacións que entraron en vigor onte, venres:

  1. No nivel máximo: Seguirá a hostalaría pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes. Están neste nivel Vilardevós, Paradela e Maside.

  2. No nivel alto, que teñen entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes, figuran Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo. A hostalaría poderá abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.

  3. No nivel medio tamén o peche dos locais hostaleiros será ás nove da noite. Permitirase o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Nesta listaxe figuran 14 municipios: Laxe, Ponteceso, Culleredo, A Coruña, Bergondo, Mugardos, Valdomiño, Guitiriz, Boimorto, Chantada, Pantón, Sober, Coles e Soutomaior.

  4. No nivel baixo: tamén se amplía o horario de restaurantes, bares e cafeterías ata ás 21 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

A mobilidade permítese entre todos os concellos, agás nos tres que están no nivel máximo, con incidencia maior a 500 casos por cada 100.000 habitantes

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page