Contamos con doce municipios libres de covid: Arzúa, Dozón, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Touro, Toques e Vila de Cruces, dende onte súmanse a esta lista os municipios de Lalín, Melide, Monterroso e Vila de Cruces. Todos os municipios das comarcas están no nivel medio-baixo
IsmaelRS/Xeral
DOMINGO 3 OUTUBRO
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_fdf9604f4f0449838cfeea9411860c1e~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_694,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_fdf9604f4f0449838cfeea9411860c1e~mv2.jpg)
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 3 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con doce municipios libres de covid: Arzúa, Dozón, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Touro, Toques e Vila de Cruces. Todos os municipios das comarcas están en nivel medio-baixo.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, tres dos municipio están libres de covid: Arzúa, O Pino e Touro. Pola súa parte Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos.
Na comarca dezana contamos con catro municipios libre de casos Covid, é o caso de Dozón, Lalín, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada segue cun caso activo tal como informou o concello antonte pola mañá, pola súa parte Silleda está nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varios días.
Na comarca Terra de Melide hai tres municipios libres de casos: Melide, Santiso e Toques. Pola súa parte Sobrado dos Monxes está nunha escala entre 1 a 9 contaxios dende fai varias xornadas.
Por último, na comarca da Ulloa contamos con dous municipios libres de covid: Monterroso e Palas de Rei. Pola súa parte Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas atópase nunha escala entre 1 e 9 afectados.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_93a70e7744d449e7bec6425ea63394d5~mv2.png/v1/fill/w_980,h_512,al_c,q_90,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_93a70e7744d449e7bec6425ea63394d5~mv2.png)
Fonte: Ecos da Comarca
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada son casos activos
Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos municipios de Foz e O Barco de Valdeorras.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
Comments