Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 2 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 2 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 2 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 13 casos activos, cinco menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 10 casos activos, un máis que onte. O Pino ten 15 casos, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro ten 10 casos activos, os mesmos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada e Dozón sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 31 afectados, nove menos que onte. Silleda conta con 32 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 11 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 39 casos activos, dous máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 22 casos activos, seis menos que onte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 18 casos, os mesmos que fai 24 horas. Palas de Rei sitúanse con 13 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos dende fai varias semanas.


428 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE